Canción 39
A nosa paz
1. Deus de paz, Deus de unión,
é o gran Xehová.
Entre os pobos vai poñer
paz que durará.
Tenro, xusto é Xesús,
Príncipe de Paz.
No vindeiro Reino seu,
paz abondará.
2. Temos paz xa entre nós,
non hai pelexar.
Somos ben levados, pois
somos coma irmáns.
Pra que siga sendo así
hai que perdoar,
ser pacientes e esquecer
se nos fan un mal.
3. Os que seguen a Xesús
buscan sempre a paz.
Este froito vese só
no que ama a Xehová.
Debe de nos distinguir
dende agora xa.
Pronto, Cristo, o noso Rei,
paz espallará!
(Ver tamén Sal. 46:10 [46:9, NM]; Is. 2:4; Sant. 3:17, 18.)