Canción 25
A proba de que somos cristiáns
(Xoán 13:34, 35)
1. Para podermos ser bos cristiáns
hai que tratarse coma irmáns,
tal como Cristo nos ensinou
cando a vida sacrificou.
Terlles amor ós demais é lei,
non só a quen nos quere ben.
Cando imitamos ó noso Rei,
vese claro que somos fieis.
2. Maino amor, fío de unión,
tenro con quen padece dor.
Endebedados co noso Deus,
isto proba que somos seus.
Onde atopar tal amor leal
que sempre vai alumear?
Nosos irmáns son quen nolo mostran,
seu amor nunca vai fallar.
(Ver tamén Rm. 13:8; 1a Cor. 13:8; Sant. 2:8; 1a Xn. 4:10, 11.)