Canción 48
Camiñamos a cotío con Xehová
(Miqueas 6:8)
1. A cotío camiñamos
ó carón do noso Pai, Xehová.
Demostramos humildade
ó collernos ben da súa man.
Ó andar no seu camiño,
respectando as súas leis,
El guiará as nosas vidas,
bendicindo a nosa fe.
2. Este mundo tan malvado
pronto vai chegar á súa fin.
En aumento van as probas,
pero nós seguimos a servir.
Acudamos a Xehová Deus,
ben nos ha de protexer,
non deixemos de escoitalo,
nunca nos distanciemos d’El.
3. Moita axuda Deus nos presta:
dános forzas, dános dirección,
dános unha irmandade,
sempre escoita as nosas oracións.
Camiñando á súa beira,
todo ben resultará.
A cumprir cos seus preceptos,
sempre Deus nos axudará.
(Ver tamén Xén. 5:24; 6:9; 1o Re. 2:3, 4.)