Canción 44
Vivimos na tempada da colleita
1. Vivimos en plena colleita,
un tempo que non volverá.
Xesús foi quen puxo o exemplo,
celoso foi ó sementar.
Os anxos traballan connosco
na obra de Deus de apañar.
Que honra poder ser obreiros seus,
nas leiras de Deus traballar!
2. Amor a Xehová e a outros
será o que nos vai motivar.
Servimos con moita urxencia,
pois pronto o fin xa virá.
No agro de Deus sementamos,
tentando o mellor sempre dar.
Que gran privilexio nos deu Xehová,
o noso labor lembrará!
(Ver tamén Mt. 24:13; 1a Cor. 3:9; 2a Tim. 4:2.)