Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 151

Xehová chamará

Xehová chamará

(Xob 14:13-15)

  1. 1. A vida é tan breve, tan fugaz,

    que pasa nun suspiro.

    Que duro é senti-la dor que dá

    perder un ser querido.

    Mais non é a fin para quen morreu.

    Mira que promete Deus:

    (REFRÁN)

    “Chamarei os meus filliños

    e á vida volverán.

    Desexo tanto velos!

    Ese día chegará.

    Mostra fe e non dubides,

    volvera-los abrazar.

    Os meus queridos fillos

    para sempre vivirán”.

  2. 2. O noso Deus xamais esquecerá

    os seus leais amigos.

    Moi pronto xa os vai resucitar.

    El é un Deus de vivos!

    Vainos despertar para desfrutar

    dunha vida sen final.

    (REFRÁN)

    “Chamarei os meus filliños

    e á vida volverán.

    Desexo tanto velos!

    Ese día chegará.

    Mostra fe e non dubides,

    volveralos abrazar.

    Os meus queridos fillos

    para sempre vivirán”.

(Ver tamén Xn. 6:40; 11:11, 43; Sant. 4:14.)