Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 03

Podes confiar na Biblia?

Podes confiar na Biblia?

A Biblia fai moitas promesas e dá moitos consellos. Poida que teñas curiosidade por saber o que ensina, pero que tamén teñas as túas dúbidas. Deberías confiar nas promesas e nos consellos dun libro tan antigo? É útil para nós agora? Podes crer o que di sobre o futuro? Millóns de persoas si que o fan. E ti? Por que non o comprobas por ti mesmo?

1. É a Biblia un libro de ficción ou de realidade?

A Biblia afirma ser un rexistro de “palabras verdadeiras” (Eclesiastés 12:10). Fala de sucesos da vida real que lles pasaron a persoas reais (le Lucas 1:3; 3:1, 2). Moitos historiadores e arqueólogos confirmaron a exactitude de datas, persoas, sitios e sucesos importantes dos que se fala na Biblia.

2. Por que podemos dicir que a Biblia non está anticuada?

A Biblia demostrou de moitos xeitos estar adiantada ó seu tempo. Por exemplo, fala de temas científicos. Moito do que di sobre estes temas non era o que cría a maioría da xente daquela. Pero a ciencia actual confirma que o que di a Biblia é exacto. É sempre fiable, “agora e por toda a eternidade” (Salmo 111:8, TNM).

3. Por que podemos confiar no que di a Biblia sobre o futuro?

A Biblia contén profecías sobre “cousas que aínda non se fixeron” (Isaías 46:10). Predixo con exactitude unha gran cantidade de sucesos históricos moito antes de que pasasen. Tamén describiu con moito detalle como sería o mundo na actualidade. Nesta lección analizaremos algunhas das profecías da Biblia. A súa exactitude é impresionante!

AFONDA MÁIS

Analiza de que xeito concorda a ciencia actual coa Biblia. Logo, investiga algunhas das impresionantes profecías da Biblia.

4. A ciencia concorda coa Biblia

Na antigüidade a maioría da xente pensaba que a Terra estaba apoiada sobre algo. Poñede o VÍDEO.

Fíxate no que se escribiu no libro de Xob hai uns 3500 anos. Lede Xob 26:7 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que é tan sorprendente a afirmación de que a Terra pendura sobre o nada?

Non foi ata o século XIX cando se empezou a entender ben o ciclo da auga. Pero mira o que dixo a Biblia hai miles de anos. Lede Xob 36:27, 28, TNM e logo comentade estas preguntas:

  • Por que chama a atención esta descrición tan sinxela do ciclo da auga?

  • Axudáronche estes textos a confiar máis na Biblia?

5. A Biblia predixo sucesos importantes

Lede Isaías 44:27–45:2 e logo comentade esta pregunta:

  • Que detalles sobre a caída de Babilonia predixera a Biblia 200 anos antes?

A historia confirma que Ciro, o rei de Persia, e o seu exército conquistaron Babilonia no ano 539 a. n. e. a Para logralo, desviaron o río que protexía a cidade. Como as portas quedaran abertas, entraron na cidade e tomárona sen ter que pelexar. Máis de 2500 anos despois, Babilonia segue en ruínas. Fíxate no que predixo a Biblia.

Lede Isaías 13:19, 20 e logo comentade esta pregunta:

  • Como se cumpriu esta profecía?

As ruínas de Babilonia en Iraq

6. A Biblia predixo cousas que estamos a ver na actualidade

A Biblia chamoulle ó noso tempo os “días derradeiros” (2 Timoteo 3:1). Mira o que predixo sobre esta época.

Lede Mateo 24:6, 7 e logo comentade esta pregunta:

  • Que dixo a Biblia que pasaría durante os días derradeiros?

Lede 2 Timoteo 3:1-5 e logo comentade estas preguntas:

  • Que características dixo a Biblia que terían as persoas durante os días derradeiros?

  • Cales destas características pensas que son comúns na actualidade?

HAI QUEN DI: “A Biblia é un libro de mitos e lendas”.

  • Para ti, cal é a proba máis clara de que se pode confiar na Biblia?

RESUMO

A historia, a ciencia e as profecías indican que podes confiar na Biblia.

Repaso

  • É a Biblia un libro de ficción ou de realidade?

  • En que ámbitos concordan a Biblia e a ciencia?

  • Pensas que a Biblia pode predicir o que vai pasar no futuro? Por que pensas así?

Intenta isto

INVESTIGA

Hai erros científicos na Biblia?

“Concorda a Biblia coa ciencia?” (Artigo web)

Aprende como se cumpriron as profecías da Biblia sobre o imperio grego.

Como nos fortalece “a palabra profética” (5:22)

Descubre como cambiou a opinión dun home sobre a Biblia logo de aprender sobre as súas profecías.

“Para min, Deus non existía” (La Atalaya, núm. 5 2017)

a A abreviatura a. n. e. significa “antes da nosa era” e a abreviatura n. e. significa “nosa era”.