Que podes facer para sacar o máximo proveito destas leccións
Busca alguén que che axude. Pídelle un curso da Biblia a quen che deu este folleto ou enche o formulario en liña na nosa web jw.org.
PRIMEIRA PARTE
Le cada un dos parágrafos e tamén as preguntas en letra grosa (A) e os textos (B) que destacan as ideas principais. Fíxate en que diante dalgúns textos pon “le”.
SEGUNDA PARTE
O primeiro parágrafo (C) de Afonda máis explica o que vas ver nesa sección. Os subtítulos (D) indican as ideas principais. Le os textos, responde as preguntas e mira os vídeos (E).
Fíxate nas imaxes e nos pés de foto (F) e pensa como responder as preguntas de Hai quen di (G).
TERCEIRA PARTE
O Resumo e o Repaso (H) pechan a lección. Escribe a data na que remataches cada lección. O recadro Intenta isto (I) márcache algúns obxectivos para seguir aprendendo ou para aplicar o que aprendiches. A sección Investiga (L) contén información que é opcional e que podes mirar pola túa conta se queres saber máis.
Como atopar os textos na Biblia
Os textos indican o libro da Biblia (A), o capítulo (B) e o versículo ou versículos (C). Por exemplo, Xoán 17:3 refírese ó libro de Xoán, capítulo 17, versículo 3.