FAI DISCÍPULOS
LECCIÓN 10
Compromiso
Principio bíblico: “Estabamos dispostos a entregarvos non só o Evanxeo de Deus, senón a nosa propia vida: tanto vos fixestes querer” (1 Tes. 2:8).
Que fixo Xesús?
1. Mira o VÍDEO ou le Xoán 3:1, 2. Despois pensa nas seguintes preguntas:
Que podes aprender de Xesús?
2. Demostramos que amamos as persoas cando nos comprometemos a axudarlles a facerse testemuñas de Xehová.
Imita o exemplo de Xesús
3. Estuda a unha hora e nun lugar que lle conveña ó estudante. Quizais prefira estudar certo día da semana ou a unha hora específica. Onde estaría máis cómodo? No seu traballo, na súa casa ou nun lugar público? Na medida do posible, adapta a túa rutina ás súas necesidades.
4. Estuda con regularidade. Se vas estar de viaxe, non canceles a clase. Máis ben, pensa:
5. Óralle a Xehová para que che axude a ter a actitude correcta. Pídelle que che axude a manter o sentido de compromiso, mesmo se o estudante non é constante nas clases ou non aplica o que aprende tan rápido como che gustaría (Flp. 2:13). Seguro que o teu estudante ten moi boas calidades, así que pídelle a Xehová que che axude a centrarte nelas.
VER TAMÉN
Pr. 3:27; Feit. 20:35; 2 Cor. 12:15