Ir ó contido

Ir ó índice

COMEZA CONVERSAS

LECCIÓN 2

Naturalidade

Naturalidade

Principio bíblico: “Que boa é unha palabra ó seu tempo!” (Pr. 15:23).

Que fixo Felipe?

1. Mira o VÍDEO ou le Feitos 8:30, 31. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1.    Como empezou Felipe a conversa?

  2.   Por que foi esta unha forma natural de comezar a conversación e predicarlle?

Que podes aprender de Felipe?

2. Se deixamos que a conversación se desenvolva de forma natural é máis probable que a persoa se sinta cómoda e estea disposta a falar sobre a mensaxe da Biblia.

Imita o exemplo de Felipe

3. Sé observador. Podes obter moita información das expresións faciais e a linguaxe corporal da persoa. Parece disposta a falar? Nese caso, poderías empezar unha conversa sobre a Biblia simplemente preguntando: “Sabías que...?”. Pero se a persoa non quere falar, non insistas.

4. Sé paciente. Non penses que tes que empezar a falar da Biblia inmediatamente. Espera a que se presente a oportunidade para sacar o tema de forma natural. Ás veces, iso podería implicar deixalo para a seguinte conversación.

5. Sé adaptable. A conversa podería ir nunha dirección que non esperabas. Se é así, adáptate e móstralle á persoa algunha idea da Biblia que sexa do seu interese, aínda que non fose o tema do que tiñas pensado falar.

VER TAMÉN

Ecl. 3:1, 7; 1 Cor. 9:22; 2 Cor. 2:17; Col. 4:6