Ir ó contido

Ir ó índice

PREGUNTA 9

Será certa a evolución?

Será certa a evolución?

POR QUE É IMPORTANTE?

Se a evolución é certa, entón o único propósito da vida humana sería simplemente vivir uns cantos anos. Se a creación é certa, deberiamos poder atopar respostas a preguntas acerca do propósito da vida e do futuro.

TI QUE FARÍAS?

Imaxina a seguinte situación. Álex non sabe o que pensar. Sempre creu en Deus e na creación. Pero en clase, o seu mestre asegura que a evolución é un feito probado cientificamente. Álex non quere parecer un parvo, e pensa: “Despois de todo, se os científicos demostraron que a evolución é un feito, quen son eu para dicir o contrario?”.

Se ti foses Álex, crerías na evolución só porque os libros de texto a presentan como un feito?

PÁRATE A PENSAR

Hai persoas que sen pensalo dúas veces din que cren na evolución ou na creación, pero non saben explicar por que.

  • Algúns cren na creación porque é o que ensina a súa relixión.

  • Outros cren na evolución porque é o que lles ensinaron na escola.

SEIS CUESTIÓNS NAS QUE PENSAR

A Biblia di: “Toda casa ten un constructor, pero o que constrúe todo é Deus” (Hebreos 3:4). Paréceche unha afirmación lóxica?

Afirmar que non existe un creador sería como dicir que esta casa se fixo soa.

AFIRMACIÓN. O universo e todo o que existe é o resultado dunha gran explosión aleatoria, ou big-bang.

1. Quen ou que causou o big-bang?

2. Que che resulta máis lóxico pensar: que todo o que existe apareceu da nada ou que se orixinou grazas a alguén?

AFIRMACIÓN. Os humanos evolucionaron a partir dos animais.

3. Se os humanos evolucionaron a partir dos animais, por exemplo dos simios, por que a intelixencia humana é tan superior á dos simios?

4. Por que ata as formas de vida máis “simples” son incriblemente complexas?

AFIRMACIÓN. A evolución é un feito probado.

5. Investigaron por si mesmos os que defenden esta afirmación?

6. Cantas persoas aceptan a evolución simplemente porque alguén lles dixo que toda a xente intelixente cre nela?

“Se atopases unha casa moi bonita no medio do monte, seguro que non pensarías: ‘Que forte! Vese que caeron algunhas árbores de tal xeito que apareceu esta casa!’. Non tería lóxica, verdade? Entón, por que crer que o universo apareceu sen máis?” (Julia).

“Imaxina que alguén che conta que houbo unha explosión nunha imprenta, que a tinta se espallou por tódalas partes e de aí saíu un dicionario. Creríalo?” (Gwen).

QUE RAZÓNS TES TI PARA CRER EN DEUS?

A Biblia anímate a usar a intelixencia (1 Tesalonicenses 5:21). A túa fe en Deus non debería basearse en razóns coma estas:

  • UN SENTIMENTO. “Teño a sensación de que existe un poder superior a nós”.

  • O QUE OUTROS CREN. “A xente que me rodea cre en Deus”.

  • O QUE OUTROS QUEREN QUE CREAS. “Os meus pais educáronme para crer en Deus. Non me quedou outra”.

Pola contra, deberías ter boas razóns para crer o que cres.

“Cando o mestre explica en clase como funciona o corpo humano, vexo aínda máis claro que Deus existe. Cada parte cumpre unha función, ata a máis insignificante. E a maioría delas suceden sen nos decatar. O corpo humano é alucinante!” (Teresa).

“Cando vexo un rañaceos, un cruceiro, ou un coche, penso: ‘Quen o faría?’. Para deseñar un coche, por exemplo, fai falta xente intelixente, porque ten unha morea de pezas pequeniñas e todas teñen que encaixar e funcionar perfectamente. Así que se un coche necesita alguén que o deseñe, os humanos tamén” (Richard).

“Canto máis estudaba, menos crible me parecía a evolución [...]. Eu penso que fai falta máis ‘fe’ para crer na evolución que na creación” (Anthony).

PENSA NISTO

Os científicos levan décadas investigando e seguen tendo opinións distintas sobre o proceso evolutivo. Se eles mesmos non se poñen de acordo, e se supón que son os expertos, que ten de malo que ti cuestiones esta teoría?