Acabará algún día o sufrimento?
Pensas que . . .
-
si?
-
non?
-
pode ser?
O QUE DI A BIBLIA
“Deus (. . .) enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito, nin pranto nin dor.” (Apocalipse 21:3, 4, A Biblia, SEPT)
QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI
A seguridade de que Deus non causa os nosos problemas (Santiago 1:13)
A tranquilidade de saber que Deus comprende como nos sentimos cando o pasamos mal (Zacarías 2:12 [2:8, Traducción del Nuevo Mundo])
A confianza de que todo sufrimento rematará (Salmo 37:9-11)
PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?
Si, dúas das razóns son:
-
Deus odia a inxustiza e o sufrimento. Sabes como se sentía Deus cando o seu pobo era tratado con crueldade? A Biblia explica canto sufría El “polos choros deles, ó seren oprimidos e desprezados” (Xuíces 2:18).
Deus rexeita aqueles que fan dano a outros. Por exemplo, a Biblia di que aborrece “as mans que esparexen sangue inocente” (Proverbios 6:16, 17).
-
Deus coida de cada un de nós. Todos sabemos ben dos nosos problemas, e Xehová tamén coñece a dor do noso corazón (2 Crónicas 6:29, 30).
Moi pronto, o Reino de Deus acabará coas nosas penas (Mateo 6:9, 10). E mentres tanto, “anímanos en tódalas mágoas” se nos achegamos a El (Feitos 17:27; 2 Corintios 1:3, 4).
PENSA NISTO
Por que permite Deus que suframos?
Atoparás a resposta en ROMANOS 5:12 e 2 PEDRO 3:9.