Cal é o segredo dunha familia feliz?
Dirías que . . .
-
é o amor?
-
son os cartos?
-
é algunha outra cousa?
O QUE DI A BIBLIA
“Ditosos máis ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan.” (Lucas 11:28, A Biblia, SEPT)
QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI?
PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?
Si, dúas das razóns son:
-
Deus creou a familia. A Biblia di que Xehová deu nome á familia (Efesios 3:14, 15). É dicir, a unidade familiar existe porque foi fundada por Deus. Que importancia ten isto?
Imaxina que estás a degustar unha boa comida e queres saber o que leva. A quen lle preguntarías? A quen cociñou, non é?
Dun xeito parecido, para saber a receita dunha vida familiar feliz, a quen lle preguntarás? A Xehová, aquel que creou a familia (Xénese 2:18-24).
-
Deus quere o mellor para ti. As familias fan ben en seguir os consellos que Xehová dá na Súa Palabra. Por que? Porque El “coida” de nós (1 Pedro 5:6, 7). Xehová quere o mellor para nós, e por iso os seus consellos sempre funcionan (Proverbios 3:5, 6; Isaías 48:17, 18).
PENSA NISTO
Como ser un mellor marido, esposa, pai ou nai?
Atoparás a resposta en EFESIOS 5:1, 2 e COLOSENSES 3:18-21.