Cal é a vontade de Deus?
Deus quere que vivamos para sempre felices e en paz no Paraíso.
Pero poida que penses: “E como vai ser iso posible?”. A Biblia di que o Reino de Deus o vai conseguir. Deus desexa que todo o mundo aprenda acerca dese Reino e do Seu propósito para nós (Salmo 37:11, 29; Isaías 9:6 [9:7, NM]).
Deus quere que nos vaia ben.
Do mesmo xeito que un pai quere o mellor para os seus fillos, o noso Pai celestial tamén quere que sexamos felices para sempre (Isaías 48:17, 18). De feito, promete que “quen cumpre coa vontade de Deus, permanece para sempre” (1a Xoán 2:17).
Deus quere que camiñemos polos seus vieiros.
A Biblia di que o noso Creador quérenos ensinar para que “camiñemos polos seus vieiros” (Isaías 2:2, 3). Así que se encargou de organizar “un pobo para si”, para que o Seu propósito se dea a coñecer por toda a Terra (Feitos 15:14).
Deus quere que o sirvamos unidos.
Adorar a Deus como el quere non divide ás persoas, senón que as une grazas ó amor que se teñen uns ós outros (Xoán 13:35). Quen está a ensinar por todo o mundo como servir a Deus en unidade? Esperamos que poidas atopar a resposta coa axuda deste folleto.