Ir ó contido

Ir ó índice

Quen é Deus?

Quen é Deus?

Moitas persoas din que cren en Deus pero, cando lles preguntas quen é, escoitas respostas moi diferentes. Para algúns, Deus é un xuíz cruel que só quere castigar as persoas polos seus pecados. Outros opinan que é amoroso e sempre perdoa, sen importar o que fagas. E tamén hai quen pensa que é un ser distante ó que non lle interesamos. Con tantas opinións contraditorias, quizais moitos sintan que é imposible chegar a coñecer a Deus.

É importante coñecer a Deus? Dende logo que si. Pode darlle verdadeiro propósito e sentido á túa vida (Feitos 17:26-28). Canto máis cerca esteas del, máis te quererá e che axudará (Santiago 4:8). E ademais, se coñeces ben a Deus, poderás vivir para sempre (Xoán 17:3).

Como podes chegar a coñecer a Deus? Pensa en alguén que coñeces ben, quizais nun bo amigo. Como conseguiches ter esa amizade? Probablemente empezaches aprendendo o seu nome e despois fuches coñecendo outras cousas. Por exemplo descubriches a súa personalidade, o que lle gusta e o que non, que cousas fixo no pasado, que ten pensado facer no futuro e moito máis. O que nos achega a unha persoa é aprender sobre ela.

De maneira parecida, podemos chegar a coñecer a Deus se descubrimos a resposta ás seguintes preguntas:

Esta revista está deseñada para aprender a resposta que dá a Biblia a todas estas preguntas. Os seguintes artigos axudaranche a descubrir como é Deus e como te beneficiará ser o seu amigo.