Ir ó contido

Ir ó índice

UN MUNDO EN CRISE

2 | Coida da túa economía

2 | Coida da túa economía

POR QUE É IMPORTANTE?

Moitas persoas están loitando cada día por chegar a fin de mes. Tristemente, unha crise mundial pode poñerllo aínda máis difícil. Por que?

  • Suben os prezos da comida e da vivenda.

  • Hai máis desemprego e baixan os salarios.

  • Os desastres naturais poden danar ou destruír negocios, casas e outras propiedades. Isto pode facer que moitas persoas acaben sendo pobres.

O que deberías saber

  • Canto mellor administres os teus cartos, mellor preparado estarás para afrontar unha crise.

  • A seguridade financeira pode desaparecer, xa que os ingresos, os aforros e as propiedades poden perder o seu valor.

  • Hai cousas que os cartos non poden comprar, como a felicidade e a unidade familiar.

O que podes facer xa agora

O que di a Biblia: “Contentémonos con ter para comer e para vestir” (1 Timoteo 6:8).

Estar contentos non significa ter todo o que queremos, senón estar satisfeitos porque temos todo o que necesitamos. Isto é especialmente importante cando tes menos cartos.

Para estar contento quizais teñas que axustar o teu estilo de vida. Se gastas máis do que ganas, só empeorarás a túa situación económica.