Ir ó contido

Ir ó índice

Que pasou co respecto pola vida?

Que pasou co respecto pola vida?

POR QUE É IMPORTANTE RESPECTAR A VIDA

Facer cousas que son malas para a túa saúde ou que poñen en perigo a outros demostra que non valoras nin a túa vida nin a dos demais.

  • Fumar non só provoca cáncer senón que tamén lle afecta á habilidade que ten o noso corpo para combatelo. En total, arredor dun 90% dos que morreron de cáncer de pulmón fumaba ou tiña alguén no seu círculo que o facía.

  • Cada ano, os tiroteos masivos cáusanlles traumas emocionais a moitos. Falando dos tiroteos nas escolas, unha investigación mostra que incluso os que sobreviven teñen problemas emocionais e mentais durante anos.

  • As persoas que conducen baixo a influencia do alcohol ou das drogas fan que as rúas sexan moi perigosas, tanto para outros condutores como para outros peóns. Os que demostran que non lles importa a vida poden ferir inocentes.

QUE PODES FACER TI

Protexe a túa saúde. Nunca é demasiado tarde para deixar malos hábitos como fumar cigarros normais ou electrónicos, beber de máis ou tomar drogas. Todos eles danan a túa vida e son unha falta de respecto para os que están cerca de ti, como por exemplo a túa familia.

“Limpémonos de toda inmundicia [ou contaminación] de corpo” (2 Corintios 7:1).

Pensa na seguridade. Para evitar accidentes, mantén a túa casa e o teu coche en bo estado, e conduce con coidado. Non escoites a ninguén que queira que fagas algo perigoso.

“Se constrúes unha casa nova, farás unha varanda na azotea, dese xeito non cargarás co sangue vertido na túa casa, se morre o que caia dela” (Deuteronomio 22:8). a

Sé amable con outros. Respectar a vida implica ser amable con todos, sen importar a súa raza, nacionalidade, nivel económico ou educación. Despois de todo, o prexuízo e o odio son as causas principais da maior parte da violencia e das guerras que hai no mundo.

“Arredade de vós toda retranca, carraxe, ira, berros ou aldraxes e calquera outra maldade; máis ben sede bondadosos” (Efesios 4:31, 32).

QUE ESTAMOS FACENDO AS TESTEMUÑAS DE XEHOVÁ

Ensinámoslles a outros a ter unha vida equilibrada e saudable. O noso programa educativo baseado na Biblia xa axudou a moitas persoas a superar adiccións e malos hábitos.

Seguimos unhas normas estritas sobre a seguridade nos nosos proxectos de construción. Os voluntarios que participan na construción dos nosos lugares de reunión e doutros edificios, reciben formación para evitar accidentes. Os edificios inspecciónanse de maneira periódica para que cumpran coas leis de seguridade locais.

Axudámoslles ás vítimas de desastres. No 2022 axudamos nunhas 200 catástrofes por todo o mundo e dedicamos máis de 11 millóns de euros das doazóns para socorrer as vítimas.

Cando o Ébola empezou a devastar a poboación de África Occidental (2014) e da República Democrática do Congo (2018), explicámoslles ás persoas como evitar que se expandise esta enfermidade mortal. Enviamos representantes para que falasen con grupos sobre o tema: “A obediencia salva vidas”. Puxemos unha zona para lavar as mans na entrada de cada un dos nosos lugares de adoración e resaltamos o importante que era seguir este e outros consellos para evitar que se espallase o virus.

En Serra Leoa, un anuncio de radio felicitou as Testemuñas de Xehová por axudarlles a evitar o virus do Ébola tanto ás persoas da súa relixión coma ás que non o eran.

Un posto para lavar as mans nun Salón do Reino cando aumentaron os casos de Ébola en Liberia no 2014

a No antigo Oriente Próximo, onde o teito era plano e se usaba para facer actividades diarias, esta esixencia demostraba preocupación pola seguridade da familia e doutros.