Ir ó contido

Ir ó índice

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

Os misioneiros chegan “ata os confíns da terra”

Os misioneiros chegan “ata os confíns da terra”

1 DE XUÑO DE 2021

 Xesús díxolles ós seus discípulos: “Seréde-las miñas testemuñas . . . ata os confíns da terra” (Feitos 1:8). Hoxe en día, as Testemuñas de Xehová están cumprindo con moito entusiasmo esta comisión. Aínda así, non puideron dar testemuño completo nalgunhas partes da Terra, incluídas algunhas zonas grandes e con moita poboación. Ademais, nalgúns países hai moi poucas testemuñas de Xehová (Mateo 9:37, 38). Que estamos facendo para chegar ó maior número de persoas posible?

 Para axudarlles a cumprir co mandato de Xesús, o Comité de Servizo do Consello Reitor das Testemuñas de Xehová asigna a misioneiros a zonas onde hai maior necesidade por todo o mundo. Na actualidade, hai 3.090 misioneiros por todo o mundo. a A maioría deles recibiron capacitación nun curso bíblico, como por exemplo, o Curso para Evanxelizadores do Reino. Os misioneiros están dispostos a deixar as súas casas e a mudarse a un país estranxeiro. Grazas á súa madurez, capacitación e experiencia, estes fieis misioneiros axudan a levar as boas noticias e puxeron un bo exemplo para os novos discípulos.

Os misioneiros axudan a predicar as boas noticias onde hai máis necesidade de testemuñas de Xehová

Axudarlles ós misioneiros axuda a outros

 En cada sucursal, a Sección de Ministros no Campo do Departamento de Servizo traballa co Comité de Sucursal para coidar das necesidades dos misioneiros, como ter unha vivenda humilde, o coidado da súa saúde e unha pequena axuda económica para os seus gastos básicos. Durante o ano de servizo 2020, as Testemuñas de Xehová gastaron máis de 22 millóns de euros no coidado dos misioneiros. Grazas a estas axudas, os misioneiros poden centrar toda a súa atención e enerxías na predicación, así como en fortalecer as congregacións locais.

Os misioneiros axudan a fortalecer as congregacións

 Como axudan na predicación os misioneiros? Frank Madsen, membro do Comité de Sucursal de Malaui, di: “Coa súa valentía e habilidades os misioneiros axudaron ás congregacións a comezar a predicar en territorios difíciles, como algunhas comunidades cerradas e zonas onde se falan outros idiomas. Ademais, o seu esforzo por aprender o idioma e a cultura locais, é un bo exemplo para outros. Tamén son unha influencia positiva para os mozos que pensan servir a tempo completo. Dámoslle moitas grazas a Xehová polos misioneiros”.

 Un membro do Comité de Sucursal doutro país di: “Os misioneiros son un bo exemplo de que o pobo de Xehová está unido por todo o mundo. Incluso os que non son testemuñas de Xehová poden ver claramente que as culturas non nos dividen, senón que as ensinanzas da Biblia axúdannos a ser un pobo unido”.

 E como axudan os misioneiros ós publicadores locais? Paulo, de Timor Leste, agradece moito o traballo que fan os misioneiros asignados na súa congregación. El comenta: “Na nosa zona fai moitísima calor. Pero, ata os misioneiros que veñen de lugares fríos, nunca deixan que o clima lles impida predicar. Polas mañás, nunca faltan as reunións para predicar e moitas veces fan revisitas ata o mediodía, cando fai moita calor. E incluso seguen predicando ata a tardiña. Axudaron a moita xente a coñecer a verdade, incluído a min. Con moito entusiasmo, eles dedican a súa vida a servir a Xehová e isto motiva á congregación a servilo con máis ganas”.

 Ketti, unha pioneira regular de Malaui, explica como un matrimonio de misioneiros axudou á súa familia: “Cando se asignou a un matrimonio de misioneiros á nosa congregación, eu era a única testemuña de Xehová da miña familia. Eles apoiáronme moito e fixéronse moi bos amigos de toda a familia. O seu exemplo axudoulles ós meus fillos a ver que servir a Xehová dános unha vida feliz. Grazas á boa influencia dos misioneiros, as miñas tres fillas están servindo como pioneiras regulares e o meu home comezou a asistir ás reunións”.

 Como é posible cubrir tódolos gastos necesarios para coidar dos misioneiros? Grazas ás túas xenerosas doazóns para a obra mundial que fas a través dos diferentes métodos que atopamos en donate.ps8318.com. Moitas grazas pola túa xenerosidade.

a Os misioneiros están asignados a congregacións onde hai maior necesidade na predicación. Outros 1.001 misioneiros serven na obra de servizo.