Ir ó contido

Ir ó índice

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

A relixión e a guerra en Ucraína. O que di a Biblia

A relixión e a guerra en Ucraína. O que di a Biblia

 Fíxate no que se publicou recentemente sobre algúns líderes relixiosos importantes e a guerra en Ucraína:

  •   “O líder da Igrexa Ortodoxa Rusa, o patriarca Kirill, non dixo unha palabra en contra da agresión de Rusia. [...] A campaña sistemática de propaganda da súa igrexa sobre Ucraína é algo que Putin está usando para xustificar a guerra” (EUobserver, 7 de marzo de 2022).

  •   “O patriarca Kirill [...] deixou moi claro que xustifica a invasión de Ucraína por parte do seu país ó describir o conflito como parte dunha loita contra o pecado” (AP News, 8 de marzo de 2022).

  •   “O luns, o líder da Igrexa Ortodoxa Ucraína, Epifanio I, metropolita de Kiev, bendiciu o seu pobo para que ‘loitase contra os invasores rusos’ [...]. Tamén afirmou que matar soldados rusos non é pecado” (Jerusalem Post, 16 de marzo de 2022).

  •   “Nós [o Consello de Igrexas e Organizacións Relixiosas de Ucraína (UCCRO)] apoiamos as forzas armadas de Ucraína e a tódolos que están loitando por defender o noso país, dámoslles a nosa bendición na defensa que fan de Ucraína do inimigo e oramos por eles” (Declaración do UCCRO a, 24 de febreiro de 2022).

 Ti que pensas? Deberían as relixións que afirman seguir a Xesucristo animar os seus fieis a ir á guerra? Que di a Biblia?

A historia da relixión na guerra

 A historia demostra que a miúdo as relixións consentiron, xustificaron e incluso promoveron a guerra coa escusa de que o facían pola paz. Por décadas, as testemuñas de Xehová denunciaron semellante hipocrisía relixiosa. Estes son algúns exemplos:

Deberían as relixións cristiás apoiar a guerra?

 O que ensinou Xesús: “Amara-lo teu próximo coma a ti mesmo” (Mateo 22:39). “Amade os vosos inimigos” (Mateo 5:44-47).

 Pensa nisto: Pode unha relixión afirmar que obedece os mandatos que deu Xesús sobre o amor e ó mesmo tempo animar os seus adeptos a matar a outras persoas na guerra? Para atopar a resposta, le os artigos “Los cristianos verdaderos y la guerra” e “¿Es posible amar a un enemigo?”.

 O que dixo Xesús: “O meu reino non é deste mundo; se deste mundo fose, os meus oficiais loitarían para que ninguén me entregase” (Xoán 18:36). “Tódolos que levan espada pola espada perecerán” (Mateo 26:47-52).

 Pensa nisto: Se os cristiáns non tiñan que loitar nin sequera para protexer a Xesús, deberían ir á guerra por algunha outra razón? Le o artigo “El cristianismo y la guerra: ¿son compatibles?” para ver como os primeiros cristiáns fieis seguiron o exemplo de Xesús e as súas ensinanzas.

Que lles pasará ás relixións que promoven a guerra?

 A Biblia ensina que Deus rechaza as relixións que afirman representar a Xesús pero non seguen o que el ensinou (Mateo 7:21-23; Tito 1:16).

  •   O libro da Apocalipse mostra que Deus considera responsables a estas relixións pola morte “de tódolos que foron asasinados na terra” (Apocalipse 18:21, 24, TNM). Por que razón? Le o artigo “¿Qué es Babilonia la Grande?”.

  •   Xesús indicou que tódalas relixións que Deus rechaza serán destruídas por todo o mal que fixeron. Comparounas a unha árbore que produce froito podre. Dela dixo: “Córtase e bótase no lume” (Mateo 7:15-20). Para ver como vai suceder isto, le o artigo “¡Se acerca el fin de la religión falsa!”.

Créditos das imaxes, de esquerda a dereita: Photo by Sefa Karacan/Anadolu Agency/Getty Images; Maxym Marusenko/NurPhoto via Getty Images.

a O UCCRO, ou Consello de Igrexas e Organizacións Relixiosas de Ucraína polas súas siglas en inglés, está formado por 15 igrexas que representan a varias confesións relixiosas, como a ortodoxa, a católica grega, a católica romana, a protestante, a evanxélica, os xudeus e os musulmáns.