Ir ó contido

Levámoslles o consolo e a esperanza da Biblia ós maiores

Levámoslles o consolo e a esperanza da Biblia ós maiores

A poboación de Australia, como a de moitos países, conta cunha proporción de poboación da terceira idade cada vez máis alta. Moitos destes anciáns van a centros de maiores, onde reciben coidados de saúde por parte de persoal especializado

A maioría dos residentes non só necesitan que se atendan as súas necesidades físicas. Ás veces poden sentir aburrimento e mesmo experimentar sentimentos de soidade e abandono. As testemuñas de Xehová realizan visitas semanais a dúas residencias de maiores da cidade de Portland, situada no estado de Victoria (Australia). Estas visitas traen consolo e esperanza ós seus residentes.

Conversas sobre a Biblia pensadas para os maiores

As testemuñas de Xehová reúnense cun grupo de maiores e comentan temas da Biblia, como por exemplo sucesos coñecidos da vida de Xesús. Jason, testemuña de Xehová, di: “Lemos unha pasaxe da Biblia en voz alta e comentámola entre todos”. Moitos dos que participan nestas charlas teñen problemas de saúde, así que as testemuñas de Xehová anímanas en danlles esperanza falándolles da promesa de Deus de que pronto non haberá enfermidades nin morte.

Tony, que é testemuña de Xehová, comenta: “Ó principio as visitas duraban media hora, pero os residentes quixeron alongalas. Así que agora botamos arredor de unha hora, inda que unha señora díxonos que lle gustaría que durasen dúas!”. Como algúns dos residentes non ven, non poden erguerse da cama ou soster obxectos, as testemuñas de Xehová axúdanos durante as súas conversas e anímanos a participar todo o que poidan.

Durante as súas visitas as testemuñas de Xehová e os maiores cantan cancións relixiosas. Os maiores sempre queren cantar máis. John, a que vive nunha das residencias para maiores, dixo: “Encántanos a música nos poñedes. Axúdanos a coñecer e respectar a Deus”. Judith, unha señora maior cega, aprendeu de memoria a letra das súas cancións favoritas.

As testemuñas de Xehová tamén se preocupan polo benestar dos maiores. Por exemplo, Brian di que cando un dos residentes non se atopa ben visítano na súa habitación. El explica: “Falamos con eles e preguntámoslles como están. Ás veces volvemos outro día para ver se melloraron”.

“Mandouvos Deus aquí!”

Moitos dos maiores están encantados coas visitas. Peter, que non perde ningunha, di: “Que gana teño de que veñan!”. Judith sempre lle di ó persoal que a coida: “Hoxe é mércores! Quero estar lista para o grupo de estudo da Biblia e non quero chegar tarde!”.

Os maiores desfrutan moito co que están aprendendo, e séntense máis preto de Deus ca nunca. Despois de conversar sobre as ensinanzas de Xesús, Robert dixo: “Nunca entendera este relato da Biblia, e agora si!”. David aprendeu a importancia da oración. El dixo: “Axudoume a facerme amigo de Deus e a velo coma un ser real”.

Coñecer a esperanza que dá a Biblia para o futuro ilusiona os residentes. Lynette, que vive nunha das residencias, díxolle ás testemuñas de Xehová: “Grazas por consolarnos coa Biblia”. Outra señora expresou así o seu agradecemento: “Mandouvos Deus aquí!”.

A Margaret gustábanlle tanto as visitas que actualmente asiste ás reunións das testemuñas de Xehová na Sala de Reunións da zona onde está a súa residencia. Isto supón un gran esforzo para ela porque non goza de boa saúde e a súa mobilidade é limitada. Díxolles ás testemuñas de Xehová: “Déstesnos unha razón para vivir”.

“Estades facendo algo moi bo”

O persoal das residencias tamén agradecen estas visitas. Anna, testemuña de Xehová, conta: “O persoal anima ós residentes a estar presentes nas charlas, porque se decatan de que despois están moito máis animados”. Brian, citado antes, engade: “O persoal é amigable e colaborador. Fan todo canto poden por axudar”.

Os familiares das persoas maiores están encantados ó ver que os seus seres queridos desfrutan das visitas das testemuñas de Xehová. A filla dunha señora felicitounos así: “Estades facendo algo moi bo pola miña nai”.

a Cambiáronse os nomes dos residentes.