As reunións das testemuñas de Xehová
Coñece como son as nosas reunións. Atopa unha na túa zona.
Como son as nosas reunións?
As testemuñas de Xehová reunímonos dúas veces por semana para adorar a Deus (Hebreos 10:24, 25). As nosas reunións están abertas ó público e nelas aprendemos o que di a Biblia sobre diversos temas, e como podemos aplicalo na nosa vida.
A maioría inclúen sesións nas que os asistentes poden participar de maneira voluntaria cos seus comentarios. Tódalas nosas reunións empezan e terminan cun cántico e unha oración.
Non tes que ser testemuña de Xehová para asistir. Todo o mundo é benvido. É gratis e non se fan colectas.